Nace esta asociación cunha finalidade cultural e de promoción e difusión da cultura galega, e dun xeito especial para recoller, estudar e dar a coñecer a Historia, Xeografía, Etnografía, Socioloxía, Lingua, Arte e Cultura de Bergantiños. Ao mesmo tempo promover a investigación e a publicación de traballos sobre a comarca.
{ Presentación do libro "Fin de Festa", de Diana Varela Puñal }
{ Ruta polo Bierzo. As Médulas }
(Ruta por Barizo, Mens e Vilanova. Praia Barizo)
(Ruta polas Terras do Carballiño. O Carballiño)
(Ruta pola Mariña. Praia das Catedrais)
{ Viaxe a Asturias. Museo da Minería }
Defensa do patrimonio natural e cultural bergantiñán.
Divulgación da globalidade de aspectos da realidade cultural de Bergantiños.
Creación de áreas de traballo referentes a todo o espectro cultural da comarca de Bergantiños.
Apertura dun foro de debate no que se expresen e intercambien opinións sobre a realidade cultural de Bergantiños.
Creación dun arquivo cultural da comarca de Bergantiños.
Creación dun Premio de Estudos Bergantiñáns.
Colaboración con outras institucións de ámbitos comarcal ou municipal, asociacións, concellos, Centro Comarcal, da comarca de Bergantiños e territorios afíns. Esta colaboración será mutua e recíproca.