Instituto de Estudos Bergantiñáns | Historia do IEB
16395
page-template-default,page,page-id-16395,cookies-not-set,ajax_updown_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-17.2,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-5.6,vc_responsive

Historia do IEB

Constitución

Nace esta asociación cunha finalidade cultural e de promoción e difusión da cultura galega, e dun xeito especial para recoller, estudar e dar a coñecer a Historia, Xeografía, Etnografía, Socioloxía, Lingua, Arte e Cultura de Bergantiños. Ao mesmo tempo promover a investigación e a publicación de traballos sobre a comarca.

O Instituto de Estudos Bergantiñáns constituíuse como Asociación Cultural, o 14 de decembro de 1998, segundo acta fundacional asinada por vinte e dous membros da súa Xunta Xestora.

Será rexistrada no Rexistro Provincial de Asociación o 21 de xaneiro de 1999 e o 12 de marzo dese mesmo ano nomeouse a súa Xunta Xestora, que rexería a asociación ata a elección da Xunta Directiva.

Acta fundacional do IEB

Primeira Xunta Xestora

Esta Xunta Xestora estaba constituída por:

Xosé Pumar Gándara

Ramón Tasende Pombo

Xelucho Abella Chouciño

Antonio García Losada

Lois Cancela Veciño

Xosé Manuel Varela Varela

Fernando Cabeza Quiles

Obxectivos primordiais

Os seus obxectivos primordiais eran estes:

  1. Defensa do patrimonio natural e cultural bergantiñán.
  2. Divulgación da globalidade de aspectos da realidade cultural de Bergantiños.
  3. Creación de áreas de traballo referentes a todo o espectro cultural da comarca de Bergantiños
  4. Apertura dun foro de debate no que se expresen e intercambien opinións sobre a realidade cultural de Bergantiños.
  5. Creación dun arquivo cultural da comarca de Bergantiños
  6. Creación dun Premio de Estudos Bergantiñáns.
  7. Colaboración con outras institucións de ámbitos comarcal ou municipal, asociacións, concellos, Centro Comarcal, da comarca de Bergantiños e territorios afíns. Esta colaboración será mutua e recíproca.

Para acadar estes obxectivos propoñíanse estas funcións:
investigar, informar, debater e divulgar.

  • Para a investigación propúxose crear o Premio de Estudos Bergantiñáns e diferentes áreas de traballo.
  • Canto á información a idea era a creación dun arquivo bibliográfico, hemerográfico, cartográfico e fotográfico.
  • Polo que respecta ao debate, a proposta consistía na realización de cursos, xornadas, conferencias, encontros sobre cultura comarcal e na organización de encontros con escritores e especialistas en diferentes materias.
  • A divulgación levaríase a cabo a través da revista ou caderno do IEB, a publicación de libros e de artigos en diferentes revistas e en internet.

Áreas de traballo

Este ambicioso programa de áreas non se chegou a materializar, sobre todo porque os responsables de cada unha non dispoñían de tempo suficiente para desenvolver o contido que cada unha delas elaborou.

Tan só tivo continuidade a de Andando por Bergantiños, que se prolongou ata a actualidade.

Área Responsable ou colaborador
Literatura Xosé Manuel Varela Varela
Andando por Bergantiños Antonio García Losada e

Xan X. Fernández Carrera

Toponimia Fernando Cabeza Quiles
Etnoloxía Xosé Pumar Gándara
Historia Xelucho Abella Chouciño
Xeografía /Demografía

Gelasio Nogueira Esmorís e

Evaristo Domínguez Rial

Foro de Debate Lois Cancela Veciño
Bibliografía Ramón Tasende Pombo

Xunta Directiva

Na asemblea de socios do IEB celebrada o 29 de abril de 2000 elixiuse a nova Xunta Directiva desta asociación que substituíu a anterior Xunta Xestora. Esta nova directiva quedou constituída do seguinte xeito:

Xosé Pumar Gándara
Presidente

Xan X. Fernández Carrera
Secretario

Xabier Graña Añón
Tesoureiro

Antón García Losada
Vogal

Evaristo Domínguez Rial
Vogal

Xosé Ameixeiras Lavandeira
Vogal

Xosé M. Varela
Vogal

Fernando Cabeza Quiles
Vogal

Xosé Mª Arán Rodríguez
Vogal

Xelucho Abella Chouciño
Vogal

Arturo Novo Velo
Vogal

Lois Cancela Veciño
Vogal

Ramón Tasende Pombo
Vogal

Luis Giadás Álvarez
Vogal

Xosé García Gondar
Vogal

Nova directiva
no ano 2007

En outubro de 2007, o presidente da asociación, Xosé Pumar Gándara, renuncia ao seu cargo por motivos persoais, e ao non haber unha persoa que o substituíse, o resto dos membros da Xunta Directiva, decidiron tomar un tempo ata que se presentase un candidato para ocupar este cargo. Debido a este feito a entidade permaneceu sen actividade durante máis dun ano (de outubro de 2007 ata xaneiro de 2009).

A partir desta última data reiníciase de novo a actividade do IEB, a partir da constitución dunha nova directiva formada por:

Xan X. Fernández Carrera
Presidente

Luis A. Giadás Álvarez
Secretario

Xabier Graña Añón
Tesoureiro

Evaristo Domínguez Rial
Vogal

Antón García Losada
Vogal

Fernando Cabeza Quiles
Vogal

No ano 2012, incorpóranse como vocais catro membros máis á directiva:

Xerardo Blanco Torrado
Vogal

Emilio Insua González
Vogal

José Antonio Andrade Figueiras
Vogal

Antonio Pacoret Balsa
Vogal

En marzo de 2014:

Luis A. Giadás Álvarez
Secretario > Vogal

Deixa o cargo de secretario por non poder asistir a todas as reunións da Xunta Directiva , e pasa a incorporarse como vogal.

Sendo substituído no seu cargo de secretario por:

Evaristo Domínguez
Vogal > Secretario

Podes compartir este contido en:

Subscribíndote a este boletín electrónico farémoche chegar calquera actualización na nosa web: noticias, artigos, actividades, etc.

Le aquí a nosa política de privacidade: Mantemos os teus datos privados e compartímolos só con terceiros que fan que este servizo sexa posible.