Dentro deste apartado inclúense conferencias ou charlas que versan sobre temas relacionados coa comarca de Bergantiños, e tamén presentación de libros de autores da zona ou de temática relacionada con ela. A maioría delas realizáronse no local do Casino de Carballo, pola súa situación céntrica e por ser un espazo acolledor e con tradición neste tipo de actividades.