A intencionalidade da creación desta revista era a través dela dar a coñecer investigacións levadas a cabo polos membros da propia asociación e tamén doutros traballo que esta entidade promovera.
Na primeira reunión da Xunta Directiva do ano 2000 tomouse a decisión de cal ía ser o seu nome. Baralláronse varias propostas, pero finalmente elixiuse Brigantinus.
- E único. Editouse a finais de xaneiro do 2000, co subtítulo Revista do Instituto de Estudos Bergantiñáns.
- Nela recóllese o informe “Bergantiños desde os libros”, elaborado polas áreas de bibliografía e literatura, das que eran responsables Ramón Tasende e Xosé M. Varela, respectivamente, co asesoramento das demais áreas.
- O seu obxectivo era difundir todos os títulos publicados ao longo da historia que tivesen relación coa comarca de Bergantiños.