Instituto de Estudos Bergantiñáns | Socios
16496
page-template-default,page,page-id-16496,cookies-not-set,ajax_updown_fade,page_not_loaded,,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-17.2,qode-theme-bridge,disabled_footer_bottom,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-5.6,vc_responsive

Socios

O número de socios cando se constituíu a asociación era moi reducido, aínda que o número de participantes nas actividades que se organizaban era máis que aceptable.

Á medida que os programas de Andando por Bergantiños, Andando por Galicia, se foron consolidando, aumentou moito a demanda de asociados.

No ano 2009 había un total de 33 socios, pero a partir dese ano a incorporación de novos socios foi continua nos anos seguintes, ata que en 2017, se tomou a decisión na Xunta Directiva de limitar o número de asociados. Un dos motivos era porque cando se organizaban rutas ou viaxes culturais, non se dispoñía de prazas suficientes no autobús para os socios que demandaban ese tipo de actividades. Fixouse o número máximo en 120 asociados. Continúase igualmente admitindo novas solicitudes de alta, pero non se incorporan como socios ata que se produzan baixas.

Podes compartir este contido en:

Subscribíndote a este boletín electrónico farémoche chegar calquera actualización na nosa web: noticias, artigos, actividades, etc.

Le aquí a nosa política de privacidade: Mantemos os teus datos privados e compartímolos só con terceiros que fan que este servizo sexa posible.